Visca la llibertat. Litografia d'Antoni Miró
Textos de les intervencions dels cònsols de França i Alemanya
Comissió de la Dignitat
Carrer de Rosselló 198, 4t, 2ª. 08008 Barcelona.
Barcelona, 8 de xaneiro de 2008
Cesar Antonio Molina
Ministro de Cultura
Plaza del Rey 1
28004 Madrid
Benquerido Señor,
Como representantes da Comisión da Dignidade, entidade cívica que liderou o proceso de reivindicación da devolución a Catalunya dos documentos requisados en Salamaca, dirixímonos a vostede de novo para denunciar a interrupción do proceso de volta da documentación das persoas particulares e mais das sete caixas do fondo inventariado polo Ministerio no ano 1982 que non se devolveron na primeira entrega, malia que, segundo a a lei, cumpría facelo nos tres meses seguintes. A nosa é a voz das máis de doce mil persoas que se xuntaron nun acto memorábel o pasado 21 de outubro no Palau sant Jordi de Barcelona.
Esta interrupción indígnanos profundamente polo menosprezo que representa para as persoas que, como Teresa Pàmies, Odina Capo ou Teresa Rovira e tantas outras, están a esperar dende hai setenta anos esta restitución. Non lle parece a vostede que esperaron en demasía ? Pensar que, se pasaron tantos anos, xa non importa outro máis, é facerlles un menosprezo a elas, porque a súa vida, por desgraza, xa vai cara ao fin, achéganse todos aos noventa anos. Con todo, o máis indignante é que esta interrupción responda só ás razóns electorais do seu partido. Agora ben, temos para nós que vostede representa un cargo do goberno e non do partido.
Vostede sabe que a constitución do patronato non ten nada que ver co proceso da devolución dos papeis, porque este organismo non ten nada que dicir, iso xa o dixo a súa predecesora Carmen Calvo. Mesmo pódeo consultar na lei e especialmente na disposición adicional segunda.
Así mesmo estamos indignados polo tratamento que vostede, na súa viaxe a Catalunya, lle deu ao Conseller de Cultura que agora é o titular deste fondo. Por lei vostede ten a obriga de traballar xunto con el e non lle debe virar as costas. A súa actitude onte en Sant Feliu de Guíxols e hoxe no MNAC quérenos dar a entender a súa vontade de ignorar o dereito de autogoberno da nosa Nación que o Estatuto de Catalunya recoñece.
Co obxetivo de facerlle máis doada a comprensión da Lei da Devolución e mais do Estatuto de autonomía que parece que non entendeu ben, adxuntámoslle unha copia de ambas as dúas leis en lingua galega, a súa lingua, que ben seguro lle van facilitar a comprensión delas.
Atentamente
Secretariat
comissió de la dignitat